ARCADIO M.

Fitou mirando o mar calmo de finais de primavera. Estaba cristalino. Nunha foto abstracta ben poderían dicir que era do Caribe e non da brava Costa da Morte. «Ata o mar perdeu a súa identidade», balbuceu. Botou a andar polo paseo marítimo, polo que el mesmo loitara, lento, descansado, coa tranquilidade e o sosego que dan os anos ó lombo. E mentres cheiraba a café de bar rece n moído, razo aba na posibilidade de que non estivera ben feito. O paseo. Coméranlle a rompente ós cantís. Con razón a furia do mar inundaba todo aquilo nos días de bravo inverno. Se ó final… ¡Os vellos facían as cousas por algunha razón!

Sentou nun banco, á sombra dos edificios. E coa mirada naquel mar chan, cavilou en cando soñaba con ser pirata. Surcaría os mares na búsqueda dos tesouros perdidos, saquearía ós navíos da coroa e tería unha amante en cada porto. ¡E pirata foi! Mais non como el planeara. Foi pirata nunha xemelga a remos que saqueaba as nasas dos pescadores nas noites de lúa chea, sen importar moito como estivera a marea. Canto máis bravo o mar, máis ganancia. E algo que comezara por unha necesidade, converteuse nun vicio sistemático e insaciable. E como era visto, acabou no calabozo do cuartel. Tres días tratado coma un can daquela. Hoxe mesmo, tratan mellor ós cans do que o trataran a el.

Din que unha pra ver e outra pra aprender. Pro o único que aprendeu daquela foi a burlar a autoridade. Continuou co negocio ata o día que o fillo de Xeneroso, o máis vello, o colle u coas mans na masa. Ese día se non chega a ser polo outro rapaz, afogábao no mesmo mar. Custoulle Deus e axudas detelo, pero no último intre de esperanza, conseguira detelo. «Volvín a nacer aquel día», dicía pasados os anos no bar do peirao. Pero naquel entón, marchou a emigración. Tardaron anos e anos en saber del. Xa coa xubilación selada, a morriña á terra fíxoo volver.

Polo bico do paseo viña Remedios berrándolle: «¡Xaquín! ¡Xaquín!» Pero el facía caso omiso. Ata que chegou fronte del e lle reprendeu: «¡Xaquín, non podes marchar da casa só e sen avisar! ¡Sábelo de sobra!» E probablemente o sabía, malia que non se acordaba. El miraba pra Remedios, bocaberto e incrédulo, con aquela mirada de namorado embobado coa que a mirara desde a primeira vez que a vira. A pesar de que non tiña nin idea de quen era. A pesar de que non sabía quen era Xaquín. Deulle a man e foi con ela. Pro a súa mirada seguía no mar calmo de finais de primavera. E a súa cabeza soñando que quería ser pirata. El, coma o mar, tamén perdera a súa identidade.

Un comentario sobre “Sen identidade

Deja una respuesta

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s