ARCADIO M.

Ben é certo que un viño na taberna non o perdoaba. Eso si, dos da xerra, dos que muxía Pepe dos barrís que tiña na trastenda. E cando viña con flores, sinal inequívoco da agonía do tonel, era día de festa, pois dada a presentación, había desconto no vaso. Eso era sinal de dous vasos. E co terceiro, xa o home se soltaba e comezaban as repichocas, os agrús e a regueifa, se había contrincante.

El foi o culpable de que se instaurara na vella taberna o día das rosas, hoxe data de festa folclórica á que asiste todo fillo de veciño. Foi un acerto do Pepe. Aínda que naceu como homenaxe ás grandes tardes que deixaba o home ó seu pasamento, acabou convértendose nun emblema do local. E unha vez ó mes emulan aquelas festas improvisadas.

Todos fan memoria a súa alegría e a súa vocación cantareira. Iso si. Tamén case todos esqueceron que aquel espíritu festeiro era animado polo viño, que precisamente metía no corpo pra afogar as penas, que se multiplicaban os días das rosas, cando non daba atinado ca porta pra entrar na casa e despertaba á dona, reencarnación da tiranía satánica, ó menos nas súas verbas empapadas naquel tinto de barril.

E como decía el mesmo polos finados, se chegou a tempo, Deus o teña na gloria, que o inferno xa o pasou aquí.

2 comentarios sobre “O dia das rosas

  1. Buenos días, envío una obra para compartir con ustedes , espero sea de su agrado.

    Otoño

    Cuatro otoños besan mi espalda el sonido de tu respiración en mi oído desnudo tu piel, sudando entre mis manos tu boca invadiendo mi cuerpo. ¡Sacia tu sed mi amor! Llena tus labios de mi sabor de mi esencia . Cuatro otoños golpean la puerta las luces se apagan como presagio de que este amor no necesita de cuerpos se amalgama el deseo, el amor y la alquimia explotan los sentidos y me dejo ir , viajo al cosmos de tu mano. Me aferro a tu espalda , tengo miedo a no volver, a que regrese febrero a robarme sonrisas. Cuatro otoños me saludan, mientras reposo mi rostro en tu pecho desnudo.

    Me gusta

Deja una respuesta

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s